mércores, 9 de decembro de 2020

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

O outro dÍa, o vintecinco de novembro, foi o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Fixemos un debate na clase, e antes vimos un video co profesor de valores.


No video aparecían un mozo e unha moza que se chocaban, despois fixéronse novios.

Cando ían pola rúa un home ofreceulle unha rosa e o mozo agarrouna para que non a pillara. Veu que ía agarrada cun amigo dela ,e foise.Ela seguiuno e botoulle a bronca no coche e ao final aparecía a chica nun sitio escuro correndo e unha man tentando agarrala.

No devate unha parte da clase dicía que se lles pega moito máis ás mulleres e que se lles fai moito máis acoso. E outra parte da clase dicía que estaban en contra da violencia de xénero pero que tamén se lle daba moita máis importancia cando lle pegaban a unha muller que a un home e ao final do debate ninguén cambiou a opinión que tiña. 

Este é un dos vídeos que nos puxo Roi.

Ían. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario