mércores, 9 de decembro de 2020

SEGUIMOS ADIANTE CO COMPOSTEIRO

 


O COMPOSTEIRO

O outro día a Roi ocorréuselle unha idea; a súa idea foi poñer un composteiro enfrente da nosa clase.

Un composteiro é un recipiente que facilita a circulación do aire no seu interior, onde se meten os restos orgánicos, permitindo unha óptima accesibilidade, tanto para depositar residuos como para extraer o abono resultante.

A súa función é a de manter unhas boas condicións tanto de temperatura como de humidade para elaborar o compost, evitando ademais a entrada de animais pequenos que poden alterar o proceso.

Tradicionalmente, tamén se podía elaborar directamente no chan, pero desta forma, grazas ó composteiro permítenos manter a zona limpa e recollida, acelera o proceso de compostaxe, non hai malos olores, facilita o control das condicións adecuadas de humidade, temperatura e osíxeno, ademais é moi fácil a montaxe e sinxelo o mantemento.

Ese día paseino moi ben, aprendín moito, era algo que non sabía.

O enlace que que figura abaixo levaravos aun vídeo onde poderedes aprender moitas cousas sobre a compostaxe.

Iker Días

QUE É E COMO FUNCIONA UN COMPOSTEIRO 

Ningún comentario:

Publicar un comentario