venres, 11 de decembro de 2020

Distintas capas de residuo

 


O mércores día 2 de decembro cando era hora do recreo Amaia, Djeicaio, o noso titor Roi e máis eu fumos traballar ao composteiro. Amaia e Djeicaio botaron folla seca no composteiro, e despois a comida que sobrou do comedor e cando acabaron, a folla seca que foramos pillar o día anterior. 

 Esta diversidade de residuos é moi importante para un correcto funcionamento do composteiro.

 Cando estabamos cerrando o composteiro veu o gato e agariciámolo.

Hugo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario