REPORTAXE XORNALÍSTICA:
AO COIDADO DUNHA HORTA
Coa axuda dos mestres, o Concello de Burela, a Asociación de Educación Medioambiental Gaia e o noso conserxe Pedro, os alumnos e alumnas de quinto e sexto do colexio, aprendemos este curso a cultivar verduras e vexetais.
Antes de comezar coa horta, fai varios meses, montamos un composteiro en fronte da nosa clase. O composteiro consiste nun recipiente moi doado de montar onde se meten os restos orgánicos e que tras varios meses acaban covertíndose en fertilizantes de gran calidade para a terra. A súa forma facilita a circulación do aire no seu interior e permite depositar os residuos e extraer o abono resultante moi comodamente. A través da compostaxe axudamos a reducir as emisións contaminantes.
O equipo de xardinaría do Concello de Burela encargouse de fresar a terra durante as vacacións do segundo trimestre. A nosa horta ten unha superficie de 32 m2.
No mes de marzo, coas monitoras de Gaia plantamos en macetas distintas plantas: cacahuetes, acelgas, cabazas... Logo estivemos regándoas e coidándoas no patio interior do noso edificio.
Unhas semanas máis tarde sacamos do terreo as pedras que quedaban e aboamos co fertilizante que durante estes meses se formou no composteiro.
Finalmente procedemos a transplantar.
Gustounos moito esta actividade porque pareceunos interesante saber como setraballa unha horta e así, cando sexamos maiores, poder comer alimentos sans.
Alumnas e alumnos de 6º A
Coordinador do artigo: Iker Días
Ningún comentario:
Publicar un comentario