SAÍDA PARA COÑECER A HISTORIA DE BURELA
Na saída vistamos distintas zonas: o Pazo do Dino, un castiñeiro centenario, a igrexa da Vila do Medio onde entramos e poidemos observar as pinturas murais do século XV. Na igrexa Begoña (a monitora de Gaia) deunos unha charla sobre a caza da balea en Burela. Pasou algo simpático, fóra da igrexa vimos un parrulo de peluche e “bautizámolo” como “Patito Juan”.
Por último vimos unha casa cun escudo de pedra que era dunha antiga torre de vixiancia dende a que se vía o mar. Finalmente visitamos dúas fontes e un lavadoiro.
Agradecemos a saída, porque nun curso coma este, é a primeira que facemos. Tal vez, fíxose algo longa, e por momentos un pouco aburrida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario