Ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro fumos recollendo no pluviómetro as precipitacións diarias. O pluviómetro ten unha superficie dun dm2 e recolle o volume de auga en cm3.
Despois volcamos os datos nunha táboa e finalmente nunha gráfica.
Deste xeito abordamos contidos non só relacionados coas precipitacións e o clima de Burela, senón tamén diversos contidos relativos á área de matemáticas: unidades de superficie, volume, media, probabilidade, etc...
En decembro comezamos tamén con termómetro de máximas e mínimas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario