venres, 30 de outubro de 2020

Cargos da clase




Durante esta semana introducimos unha serie de cambios na organición da nosa clase. 

 

Constituímos cinco equipos, cada un co seu nome.

Ademáis esteblacemos outra serie de responsabilidades de aula que irán rotando semanalmente: encargado/a, historiador/a, blogueiro/a e meteorólogo/a. Incluímos a continuación a opinión da compañeira Carme sobre estes cambios:


 

"Creo que é moi importante traballar en grupo porque seguramente cando sexamos maiores imos ter que traballar con persoas que non coñecemos e temos que aprender a respectar o que opinen e o seu traballo.

Esto de ter cargos dentro da clase paréceme divertido,e fai máis emocionante o día a día de clase.

Tamén pon en practica a nosa creatividade por tódalas actividades:

-Elexir o nome de grupo.

-Falar de historias divertidas ...

Tamén me parece xusto que cada semana cambiemos de responsabilidade, así podemos probar para saber o que máis nos gusta."

Ningún comentario:

Publicar un comentario